DESTINO FRANCIA


Rato e Ratiña xa chegaron a París e con este video quérenvos ensinar un pouco desta fermosa cidade.

Ola de novo !! Ratiño e Ratiña teñen un pequeno problema, están de paseo por París e necesitan saber para ir visitar:
  •  En que edificio está albergada a tumba de Napoleón?
E
  • Cal é o edificio que é tan alto coma as torres da Catedral de Notre- Dame?
Por favor respondédenos en canto poidades. Antes de que nos rematen as vacacións!!!Lembrade! deixade as respostas nun anaco de papel dentro da maleta viaxeira que anda polo cole. Moitas grazas.
Bicos de Ratiño e Ratiña.
Este libro pódevos axudar a atopar as respostas.