Ciao!!! Como estades?? Supoño que desexando que chegue o venres para celebrar o entroido no cole... Ratiña e máis eu estamos pasando estes días en Venecia, xa sabedes que aquí se celebra un dos entroidos máis fermosos e importantes do mundo.
Antes de chegar aquí, a Venecia, pasamos uns días en Roma, a capital de Italia. Coñeciamos moitas cousas sobre Roma porque leramos na biblioteca o libro " Isto é Roma"
Aquí está a direción do noso hotel en Venecia:
Rato e Ratiña
Hotel: Bauer III
San Marco 1413/Distrito San Marco 30124
Venezia

Tamén vos deixo unhas fotos dalgunhas máscaras típicas do entroido veneciano e fotos que ratiña e máis eu sacamos nos nosos paseos por esta maravillosa cidade. A ver se vos gustan!!!
Ciao amores!!!

.jpg)




