DESTINO LAPONIA

Despois dunha longa viaxe dende Francia ata Finlandia chegamos a Laponia, país moi relacionado co Nadal e onde se atopa a casa de Santa Claus, que xa dende agora está moi atarefado recibindo e lendo todas as cartas que vós lle mandades.



http://es.wikipedia.org/wiki/Laponia (preme aquí para ver información xeral do país)


http://www.google.es/search?q=laponia&btnG=Buscar&tbm=isch&hl=es&source=hp&gbv=2&gs_sm=s&gs_upl=0l0l1l33047l0l0l0l0l0l0l0l0ll0l0&oq=laponia&aq=f&aqi=g10&aql=


http://www.elblogdefinlandia.com/ (blog no que poderás atopar calquera curiosidade sobre finlandia en xeral)


http://www.cosasdeviaje.com/laponia-noruega-la-cultura-sami/ (nesta páxina descubrirás a apaixoante vida e cultura dos samis, antergos habitantes de Laponia) 

http://en.wikipedia.org/wiki/Lapland%20%28region%29 (si premes aquí, verás información do país en INGLÉS,por favor, anímate a ler un pouquiño neste idioma e si ves que che resulta moi complicado, sempre tes a opción de cambiar o idioma na marxe esquerda)

http://www.santaclausvillage.info/ (este link lévate direct@ ao fogar de Santa Claus e ao seu máxico mundo)


En breve teredes máis novas sobre este máxico país!! Non o perdades!! Estade atent@s......



Ola a todos de novo!!!
Xa que o Nadal está cerca e seguro que empezades a decorar con motivos navideños as vosas casas, deixovos un enlance no que podedes visionar un video dunha decoración típica finesa. Chámase HIMMELI que significa "ceo", estes ornamentos son colgantes e sempre teñen forma de octaedro. Os materiais que se usan son pallas de centeo e fío, seguro que vos encanta!!!
Podedes intentalo...aínda que no cole seguramente fagamos algún.  
Ata a próxima e bicos de ratiñ@.





Ola!! Que tal?? Gustouvos o video dos himmeli?? Pois investigando máis e máis sobre Finlandia e Laponia, rato e ratiña descubriron que fai moitos anos Santa Claus repartía os regalos dos nenos e nenas non precisamente nun trineo tirado por renos, senón que ía montado nunha cabra(The Yule Goat)....que curioso, verdade??Pois hoxe en día os fineses e lapóns non queren olvidarse desa cabra que axudaba a Santa e o que fan e, decorar as súas casas con cabras feitas de palla de centeo ao igual que os himmeli, adornadas con laciños vermellos.... Agora deixámosvos varias fotos relacionadas con isto:




Boas!!Como estades??Hoxe veño por aquí para propoñervos unha pequena actividade para estas datas de Nadal, por suposto, relacionada con Laponia.


A ver, a actividade consiste en escribir unha postal a Santa Claus, pedindo o  desexo de poder viaxar algunha vez a algún dos países de Europa que imos a traballar este ano no cole; póñovos o listado de países aquí para que escollades, algúns deles aínda non os traballamos pero podedes preguntar aos vosos profes algunha cousa sobre eles.

Listado países:

IRLANDA
FRANCIA
LAPONIA
SUIZA
ITALIA
HOLANDA
PORTUGAL
GALICIA
GRECIA

Tamén vos deixo a plantilla da postal, porque deste xeito será máis rápido e cómodo para redactala.
Postal Laponia.act.Decembro




As postais depositaranse dentro dunha vella maleta que ratiña e máis eu usamos sempre para as nosas viaxes. Deixaremos a maleta nun recuncho do cole, enseguida a recoñeceredes.

Aaaahh!!! xa me olvidaba!! o enderezo de Santa Claus ao que tedes que enviar as vosas postais é o seguinte:

Tähtikuja 1, FI- 96930  Napapiiri
Lapland
Arctic Circle.

Santa Claus agarda impaciente os vosos desexos!!!

Bicos de ratiño.




Ola a tod@s !!! Bbbrrrrrrr!!!! Que fríííííooooo!!!Ratiña e máis eu estamos conxeladísimos!!! Aquí en Laponia casi non podemos camiñar coa de neve que hai...

Bueno, como sabemos que estades preparando as vosas postais para enviar a Santa Claus,envíovos un video no que podedes ver que Santa tamén está a traballar preparando os regalos e lendo as vosas cartas, menos mal que ten axuda dos elfos!!!

Ai!!!! Deixovos que se me están a conxelar as patiñas!!!!
Bicos e atentos que estarei pronto convosco.