lunes, 7 de noviembre de 2011

Mentras Rato mete a súa roupa na maleta, Ratiña le nun libro (que podedes encontrar na biblioteca) de donde ven o nome de Europa. Ratiña le:


Según a lenda, Zeus estaba namorado dunha fermosa rapaza de Grecia chamada Europa e decidiu namorala.
Zeus, que era o deus máis poderoso do Olimpo transformouse nun toro branco e mezclouse cas manadas de toros do pai de Europa. Mentras Europa e os seus amigos recollían frores cerca da praia, ela viu ó toro e acaricioulle os seus costados e , vendo que era manso, terminou por subir o seu lombo.
Zeus aproveitou esa oportunidade e correu ó mar, nadando con ela ata a illa de Creta.
Entonces revelou a súa auténtica identidade e Europa que se convertiu así na primeira raiña de Creta.



Rato de repente recordou unha estatua que viran ese verán na praia de Samil e que se chama Europa.

A estatua era de Europa e do toro Zeus! e estaba alí en Vigo, en Samil. Fixádevos ben cando vaiades a Samil e veredes esa preciosa estatua que conta a historia de Zeus transformado en toro e Europa, unha fermosa rapaza!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario