DESTINO PORTUGAL

Ola a todos e todas!!! Como estades?? Somos Ratiño e Ratiña, acabamos de chegar a un novo país que está moi cerca de Galicia, Portugal. Seguro que moitos de vós visitástedes algunha vez algunha zona deste país e incluso sabedes xa, moitas  cousas relacionadas con el.




Ratiña e máis eu decidimos vir ata aquí porque o 25 de Abril fai 38 anos que sucedeu algo moi importante para este país, " A Revolución dos Caraveis" , esta revolución supuxo un cambio moi grande no país e na vida das súas xentes. De todos os xeitos os vosos profesores e profesoras falaranvos desto nas aulas, vaivos sorprender!!! ratiña e máis eu deixámosvos un adianto: ese día en Portugal os caraveis foron os protagonistas!!


Ben, pois agora vouvos deixar uns enlaces para que podades recompilar información e poder usala para o que necesitedes nas aulas ou simplemente por curiosidade:






UN BICO DE
 Ratiño e Ratiña.


Onte ratiña e máis eu fomos cear Bacallao á Bras a un restaurante moi chulo e cando estabamos rematando de cear, tivemos unha moi grata sorpresa,porque de súpeto chegou un grupo que nos delitou con música típica portuguesa. Unha das cancións que máis nos gustou foi esta, aquí vola deixo.




Bos días!!!Podedes ver e escoitar esta maravillosa canción  que aquí vos deixo, coa que comezou "A Revolución dos cravos ou caraveis".Chámase "Grandola, Vila Morena", está interpretada por Amalia Rodrigues unha cantante de "fados" moi coñecida e apreciada en Portugal, aínda que tamén en todo o mundo.


Boas a todos e todas!! Que ben o estamos pasando!! e vos que tal?? estades aprendendo moitas cousas de Portugal?? pouco a pouco......de todos modos Ratiña e máis eu propoñémosvos algunhas preguntiñas de investigación para que cando teñades un momentiño as respondades.....

1) Por que a "Revolución dos Cravos" ou caraveis se chama así ?

2) Esta segunda pregunta vai ser un pouco difícil pero seguro que a atopades, aí vai....que cidade portuguesa é coñecida como a "2ª Venecia"?( dámosvos unha pista: esta cidade aparece no mapa que aparece ao comezo desta páxina)

E para os/as peques propoñemos esta preguntiña un pouco máis faciliña: cal é a expresión musical máis coñecida en Portugal na que se expresan sentimentos como melancolía, tristura e nostalxia?