lunes, 7 de noviembre de 2011

Bandeira de Europa

Rato e Ratiña precisan a vosa axuda, necesitan pegatinas da bandeira de Europa para pegar nas súas maletas. Aquí tedes o debuxo da bandeira que tendes que utilizar. Fixádevos que ainda que os paises de Europa son máis de doce as estrelas da bandeira nunca se amplían, son sempre doce estrelas de cinco puntas sobre fondo azul.






Mentras Rato mete a súa roupa na maleta, Ratiña le nun libro (que podedes encontrar na biblioteca) de donde ven o nome de Europa. Ratiña le:


Según a lenda, Zeus estaba namorado dunha fermosa rapaza de Grecia chamada Europa e decidiu namorala.
Zeus, que era o deus máis poderoso do Olimpo transformouse nun toro branco e mezclouse cas manadas de toros do pai de Europa. Mentras Europa e os seus amigos recollían frores cerca da praia, ela viu ó toro e acaricioulle os seus costados e , vendo que era manso, terminou por subir o seu lombo.
Zeus aproveitou esa oportunidade e correu ó mar, nadando con ela ata a illa de Creta.
Entonces revelou a súa auténtica identidade e Europa que se convertiu así na primeira raiña de Creta.



Rato de repente recordou unha estatua que viran ese verán na praia de Samil e que se chama Europa.

A estatua era de Europa e do toro Zeus! e estaba alí en Vigo, en Samil. Fixádevos ben cando vaiades a Samil e veredes esa preciosa estatua que conta a historia de Zeus transformado en toro e Europa, unha fermosa rapaza!!






DE FESTA POR EUROPA

DE FESTA POR EUROPA
Rato e Ratiña van ter un curso moi animado, vanse de FESTA por EUROPA!!!

Queres ir con eles?
Lendo na biblioteca do cole descubriron que compartimos moitas festas en Europa: o samaín, o magosto, o Nadal, o entroido. ..E como Rato e Ratiña son tan intrépidos (e festeiros) están a preparar a maleta, os mapas e os libros que necesitarán para esta aventura na que percorrerán distintos países de Europa, as veces en tren outras en avión, en globo, en barco, en bicicleta...
Contan ca vosa axuda, verdade? Tedes que estar atentos e non perdervos nIngún capítulo desta fabulosa e divertida aventura!!!